Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/14

Non hai berce coma o colo

Quince cantos tradicionais para durmir, quince temas actualizados recollidos pola xeografía galega, a nova proposta de Kalandraka, con Paulo Nogueiras e Magoia Bodega. O proxecto, que conta con ilustracións de Mariona Cabassa, incorpora as voces de Sonia Lebedinsky, Mini e Merchi de Leilía,  César Longa, de Treixadura, Pancho Álvarez, Begoña Riobó e Segundo Grandío.
Imposible non durmir con esta dozura nos oídos.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.