Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/12/14

Tío Lobo

Xa falaramos anteriormente deste álbum, pero agora sae unha nova edición na mesma editorial, Kalandraka, con portada renovada e novas ilustracións. Un libro que destaca por fuxir do politicamente correcto e que sorprende polo seu final, tan afastado dos contos que adoitamos ler cheos de benevolencia: mentiras, traizóns e egoísmo son os eixos do relato. O ilustrador Roger Olmos realiza un traballo espectacular.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.