Unha nova editorial no mundo do álbum ilustrado: Libre Albedrío. E un pequeno álbum ben fermoso de Florencia del Campo e Guadalupe Belgrano para inaugurala: ¿Y si no entro en este libro?. Un xogo de imaxinación onde a importancia do libro como obxecto cobra vida. Cada un dos personaxes vaise preguntando que características cómpren para formar parte dun libro... o bo é que todo ten solución. E esta pasa pola solidariedade dun xogo que comeza xa na propia portada (que trae sorpresa) O obxecto, o libro, é un medio para a historia, dignificándoo, xa que texto, ilustración e edición están ao seu servizo e todos temos algo que aportar para a súa construción.
O libro conta con banda sonora específica: unha canción composta por David Vergee que se atopa na contraportada nun código a descargar por un móbil.
A gozar con todos os sentidos!
Sen comentarios
Publicar un comentario