Kalandraka comeza o ano 2105 agasallándonos cun álbum sobre a importancia do amor, dos recordos, e de como enfrontarse á morte, á enfermidade. Un álbum ben fermoso de Roberto Parmeggiani ilustrado por João Vaz de Carvalho co título de A avoa adormecida. Unha avoa que é unha figura importante para o seu neto, tanto que este non permitirá que o tempo do esquenzo se faga realidade. Un texto poético, ás veces acumulativo, que desprende tenrura para afrontar o tema da perda sen asolagarnos de tristura; e é que o tema está tan ben tratado que semella afastarse de si mesmo para gardarnos un anaco de vento, de ceo, de amor, de seres queridos que xogan coa lúa e o sol, porque sempre estarán no noso corazón. Un corazón que foi formado coa palabra da lembranza, do xogo do amor, ese amor que só poden dar avós e avoas.
Deliciosamente tenro.
Deliciosamente tenro.
Sen comentarios
Publicar un comentario