Los Krickelkrakels na editorial Kókinos tráennos moito máis ca un libro: El libro inquieto é un xogo divertido e interactivo, unha execlente proposta para compartir, e todo isto nun só libro coa aparencia dun álbum ilustrado máis. Que ocorre? Que a historia pide e require a participación do lector para que teña sentido, por iso é un libro idela para as bibliotecas escolares e para contar na casa, xa que os nenos e nenas deben interactuar co adulto que conta. O texto dá unha serie de ordes para que vaia desenvolvéndose: dar golpes, bicar, darlle voltas ao libro, cantar... Todas as accións, asemade, van dirixindas a inventar parte da historia, é dicir, a desenvolver a imaxinación. O libro, a lectura, é un xogo, que permite que quen non sabe ler goce tantou ou máis que con calquera libro contado e escoitado por eles e elas.
Fondos brancos, estética pop, ilustracións a medio pintar, cores que convidan... todo o libro está dirixido á diversión e a espertar inquedanzas.
Magnífico.
Sen comentarios
Publicar un comentario