Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/01/15

La última noche en Tremore Beach



Mikel Santiago é o autor de La última noche en Tremore Beach publicado por Ediciones B. Aínda que etiquetada dentro da "novela negra", digamos que é unha novela que colle distancia respecto daquelas, con facetas en común pero con grandes rasgos afastadores. 
O protagonista trasládase a vivir a unha pequena aldea de Irlanda para tentar arranxar a súa vida profesional e persoal, pero unha tormenta  e un raio que o alcanza provocará un desenvolvemento da súa historia moi diferente. Visións aterradoras que se repiten serán as desencadeantes de toda a trama. O xogo do lector/a consiste en tentar averiguar que pode ocorrer, cal é o misterio que se agocha detrás dos sucesos que pouco a pouco van materializándose nas páxinas do libro, caracterizado por un ritmo pausado que vai acelerando cara ao final. A novela está ben construída e non decepciona, aínda que o final pode resultar algo máis "feliz" do que agardabamos.

As premonicións, verdadeiras protagonistas desta historia, son reais? Pode ocorrer realmente algo semellante? Este elemento paranormal, lonxe de fastidiar a trama, está ben levado, non semellan fantasía nin ciencia ficción.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.