Este mércores ás 20.30 na Casa da Cultura de Silleda haberá unha charla sobre os "Fugados de San Cristóbal" en maio de 1938.
A fuga do Fuerte de Ezkaba/San Cristobal foi a maior fuga carceraria
coñecida en Europa, ocupou as portadas da prensa republicana e
internacional antes de caer no esquecemento e interesada ocultación dos
vencedores.
Unha multitude de 795 fugados documentados,
lanzáronse cara á fronteira francesa o 22 de maio de 1938, entre eles
183 galegos. Atrás deixaron 206 mortos enterrados nos vales entre o
forte e a fronteira; 14 fusilados en agosto como dirixentes. Outros 46
capturados que morrerían no forte até 1943. Só tres fuxitivos -quizais catro- alcanzaron a fronteira.
Na charla, Fermín Ezkieta expoñerá o plan de fuga, as rutas dos
escapados, unha biografía dos tres afortunados que alcanzaron a
fronteira e de outros como o pontevedrés Amador Rodríguez, último fugado
en ser capturado logo de tres meses, Leopoldo Picó, cerebro da fuga e
Antonio Valladares, de Silleda, outro dos organizadores; así como do
papel protagonista de diversas mulleres, acusadas de complicidade, e que
foron encarceradas.
Fermín Ezkieta Yaben é un investigador autor do libro Los fugados del Fuerte de Ezkaba e mantén e actualiza a web http://www.losfugadosdeezkaba1938.com/
Contaremos coa presenza de Alejando Breijo, familiar de Antonio Costoyas Ares, de Silleda, un dos que resultaron mortos na fuga, e Elia Valladares, sobriña de Antonio Valladares González, un dos promotores da fuga, que tamén resultou morto, sen que a familia tivese a oportunidade de recuperar o seu cadáver.
Na fuga tamén resultaron mortos outros tres dezaos: Adolfo Blanco Barreira, de Cristimil, José Carballude González, de Donsión e Manuel Cea Asorey, de Sabrexo (Vila de Cruces).
Outros dezaos tamén presos en San Simón que participaron na fuga e foron capturados:
- De Vila de Cruces: Manuel Blanco Fernández, Ramón e Rogelio Cajide Rodríguez (Sabrexo), Manuel Carballal Pena, Jesús Cea Asorey (Sabrexo), Guillermo Pampín Quiñoy, Ramón Ramos Lamas (Fontao), Alberto Villar Blanco e Luis Villar Cimadevila.
- De Lalín: Luís Agra Blanco e José Vázquez Fernández (Bermés).

Sen comentarios
Publicar un comentario