Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/02/15

Acuario 2



Danse na Literatura Galega algúns tándems moi produtivos formados por autor e ilustrador, e vemos como este que forman María Canosa e Dani Padrón vai dando cada vez máis froitos. Desta volta ve a luz Acuario 2 publicado tamén por edicións Embora. Volvemos a ter un catálogo de animais que viven na auga, algúns dos cales exquisitos na mesa, como ben nos recorda a autora. Versos para cantar, recitar e ler, que gustarán abondo á rapazallada, que ademais aprenderá vocabulario mariño. Nas súas páxinas, nos seus versos, teremos unha balea, un xurelo e ata un tiburón, sen esquecer, por exemplo o cabaliño do mar ou a pulga. Todos teñen cabida nesta obra en verso.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.