Que Javier Marías fai o que quere coa linguaxe non é ningún segredo. E así volve a demostralo en Así empieza lo malo, publicado por Alfaguara, considerada como unha das mellores novelas do ano que vén de rematar. Unha novela, por certo, da que o autor di: “El tipo de arbitrariedad de la novela tiene que ver con el dilema que
tiene uno de los personajes al descubrir que alguien ha cometido
vilezas, pero prefiere no enterarse porque no se las hicieron a él”.
O libro achéganos esa primeira persoa reflexiva que fai reflexionar ao lector/a habitual nel, un personaxe protagonista e testemuña dos cambios sociais que sucederon en España: as consecuencias dunha guerra que remata en ditadura, o abuso do poder e dos poderosos, o rancor, o perdón... se é que o hai e se é que existe (ben nos ensina a novela a diferenza entre particualar e colectivo, entre interese privado e distancia), xa que o perdón é o eixo sobre o que xira a novela.
Supoño que María ou gusta ou non gusta. Na súa lectura hai demora, hai reflexión, hai indecisión respecto á acción: esta queda en suspenso en longas ocasións mentres lemos sobre a dúbida, a mentira, a verdade, a necesidade ou non de coñecelas... e mentres aprendemos, por que non, un vocabulario pouco habitual que só a mellor Literatura sabe proporcionar. Imposible non deleitarse nunha lectura moderada que precisa de tempo, que reconforta porque con el topamos a Boa Literatura, con maiúsculas. E a pesar da demora continua, tan típica deste autor, hai máis acción que noutras ocasións, incluíndo sexo. Todo isto en máximo confort literario: oracións infinitas de reflexións e ambigüidades, de concatenacións de ideas, de equilibrios sintácticos e semánticos soberbios. Javier Marías é Javier Marías. Neste libro, dunha peza.
Sen comentarios
Publicar un comentario