Unha auténtica fermosura! Velo só dentro do plástico xa resulta emocionante, porque sabes que vas atopar un álbum deses que queres posuír para abrilo de cando en vez. Os artífices son Olivier Ka e Marine Perrin e a editorial que nos trae Mi árbol de los secretos é Kókinos. Antes da historia, está o obxecto, un pop-up con ventás que abren e pechan, con segredos a descubrir, con texturas diferentes. A historia, tamén fermosa, xira arredor dos segredos que ten un rapaz, alguén que sabe que a súa árbore é quen de gardar os segredos máis profundos porque a árbore nunca o vai traizoar. Ademais, a palabra "segredos" na contracapa está en 20 idiomas.
Non o deixedes escapar!
Sen comentarios
Publicar un comentario