Kókinos propón unha desas lecturas que pousan no corazón, xa que non fala doutra cousa máis que da adopción. Cando o estaba a ler pensaba nunha compañeira que, valente coma poucas, decicidiu adoptar non un senón dous nenos ela soa. E cando lle ensinei o álbum, ao ver a portada, exclamou: "estes son os mues nenos". Así é. Eu, que non vivo esa situación, tiven que agardar a ler o álbum para percatarme do tema do álbum; ela, pola contra, mirou a portada e soubo de que ía.
Estamos a falar de Nacido del corazón de Berta Serrano con ilustracións de Alfonso Serrano. A experiencia propia fai escribir este libro á súa autora, quen conta como o amor, o entusiasmo, a paciencia, son as encargadas de traer un novo membro á familia, de facer que sexan os nenos quen adopten aos pais.
Chaman a atención as ilustracións, de figuras alongadas e de cores brillantes, que amosan a ledicia de amar e nas que vemos como vai medrando ese corazón cando noutras nais o que medra é a barriga.
Porque hai familias diversas e porque debemos aprender a medrar nesa diversidade; porque cómpren libros para desdramatizar a adopción; porque cómpre crer na forza do amor; porque cómpre subliñar a importancia de concibir con este. Por todo iso é un álbum marabilloso.

Sen comentarios
Publicar un comentario