Unha oda aos beixos, así é como se podería describir este álbum alongado que nos propón a editorial Kalandraka e que chega xusto nestes días nos que, seica, se celebra o Amor (será que o resto do ano non?). Ata a última páxina teremos o enigma de a que se refire cada texto anterior: hai algo en todos os lugares, en todos os países, pero non é doado de atopar, ata que na derradeira páxina -despregable- se nos revela o segredo: non hai nada mellor que os bicos que nos dan as persoas que amamos e que nos aman. Así que pensade neste libro cando precisedes dunha declaración de amor chea de enigma e bo sabor. O autor de No hay dos iguales é Javier Sobreino e a ilustradora Catarina Sobral.
As ilustracións son esquemáticas, xogando con dúas cores en cada páxina.
As ilustracións son esquemáticas, xogando con dúas cores en cada páxina.
"Los hay en todos los países,
en las tierras altas y en las llanuras alejadas,
en las urbes pobladas y en los pueblos ignorados.
En cualquier lugar se pueden encontrar,
aunque no son fáciles de conseguir…"
en las tierras altas y en las llanuras alejadas,
en las urbes pobladas y en los pueblos ignorados.
En cualquier lugar se pueden encontrar,
aunque no son fáciles de conseguir…"
Sen comentarios
Publicar un comentario