O último agasallo de Kalandraka é esta marabilla de álbum ilustrado polo incomparable Maurice Sendak.
Despois do anunciado "ano Sendak" nesta editorial, tiñamos o anceio de recibir máis libros deste autor, e chega por fin ás nosas mans: Osos, de Ruth Krauss data de 1948, pero foi no ano 2005 cando Sendak o ilustra ara converter o libro nunha oseira simpática que dirixe un neno vestido con traxe de lobo. Follealo nestes días invita a disfrazarse canda eles! Un libro ideal para os/as máis pequechos que sorrirán ante este divertido catálogo de osos que nos convidan a entrar en escenas ben curiosas onde os osos son o pano de fondo dun rapaz que persegue o seu cadelo por roubarlle o seu osiño de peluche. Como poder durmir así???
Xenial
Sen comentarios
Publicar un comentario