Lee Child gañou con Personal o VIII Premio RBA de Novela Negra, un libro que segue a serei de Jack Reacher -que conta con 19 entregas-, un ex-policía militar enorme, vagamundo superdotado, adicto ao café e violento. Eu non o coñecía, pero máis ca unha novela negra pareceume un "thriller", unha novela de espionaxe sobre todo que se asenta na personalidade do protagonista e os seus recursos de supervivencia. Este personaxe non é un detective nin un policía como estamos acostumad@s a ler nas novelas negras, senón que é singular, único, unha persoa que vai dun lado para outro cun cepillo de dentes como toda equipaxe. O que máis destaca del, ademais do seu tamaño, será a súa mente matemática, a súa incrible memoria e un gran coñecemento da linguaxe corporal, das armas e mesmo dos idiomas.
Un libro que atrapa, ben escrito e que deixa un pouso de boa literatura cando o pechas.
Sen comentarios
Publicar un comentario