Que mellor libro para celebrar o Día da Poesía que un que leva por título Celebración? Ademais, celebrando esta nova editorial, Apiario, e celebrando asemade que a Literatura galega sexa así de vizosa contando con voces como a de Gonzalo Hermo. O frío como leitmotiv, ou a perda, ou a despedida. Implacables poemas que falan do cambio con afouteza, do inverno que non varía, de luces que prenden e apagan xogando coa súa intensidade. Por iso o poemario propón saír do frío para recibir a calor, a vida. Unha vida que non é inmóbil nin estable, pero que debe ser acollida tal como é, no seu grao de finitude e mobilidade. De imperfecta, xaora. Así, aínda que haxa dor, deberemos celebrar a vida, o camiño que esta nos propón.
Unha soa ilustración, impactante, nas páxinas centrais do libro. De Mauro Trastoy.
NON HABÍA LUZ na espesura do bosque.
Pero de pronto
puidemos ver.
Viamos
NON TEMEMOS a morte
Levámola dentro.
Celebrámolo
Sen comentarios
Publicar un comentario