Marabilloso libro de poesía ilustrada que nos trae a editorial Kalandraka, novamente por ser a gañadora do VII Premio internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para niños, desta volta de Laura Forchetti. Donde nace la noche destaca non só polos seus poemas, todo un exercicio de reflexión suxestiva e emotiva onde destacan as sucesivas imaxes e que constitúen en si mesmas unha sorpresa, senón tamén pola delicadeza das súas ilustracións de María Elina. Son tan fermosas que o lector ou a lectora está desexando pasar a páxina para contemplar unha nova, para axexar esas noites frías que nos acompañan estes días onde o vento é o protagonista e o frío nos aterece. Mentres lemos, a calma noitébrega asoláganos cando percorremos verso a verso a contemplación da natureza en silencio, esa que cala e esa que ten o seu propio son, o seu propio corpo, o seu propio olor, a súa propia idiosincrasia. Cando nace a noite, todo é diferente. E así o destacan os poemas deste libro: hai noites sen luces e noites con lúa, hai noites estreladas cheas de desexos, hai noites perfumadas e outras nas que o ceo permite que paseemos pola area da praia esculcando o ronsel dos insectos na area.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
26/03/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario