Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/15

Esto y ESO

Hoxe teño unha colaboración moi especial, xa que vén da man da miña nena Mariña, unha moza que estou segura vai dar moito que falar. Agardade a ver os seus últimos poemas!!!
Quere recomendarnos un libro de poemas do que xa falamos aquí, pero agora temos a visión adolescente, que é ben necesaria. Esto y ESO de Raúl Vacas.


Dos pouquiños libros de poesía que teño lido, a este collinlle un especial cariño.
De temática moi variada, o autor rompe as normas que a poesía nunca tivo e lévanos de paseo polas materias que cursamos os alumnos da ESO, facendo de cada asignatura un poema desenfadado, ata das cousas máis inverosímiles. De todo un pouco, un cóctel de versos usando a Secundaria como pretexto. Oxalá foran así as clases "de verdade"...
Aparentemente lese fluídamente, pero vou dar un humilde consello: pararse detidamente en cada poema non ten desperdicio. Porque corremos o risco de toparnos con composicións moi orixinais, que son capaces de sacarnos máis dun par de sorrisos.
Persoalmente os que relería sen cansarme son El llanto eléctrico, Poema para ser leído en el espejo e Brindis. 
Creo que me animarei a ler máis deste xénero (un pouco esquecido) a partir de agora. Espero toparme máis pequenas xoias coma esta!
 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.