Gustoume moito este cómic publicado por Astiberri sobre Frida Khalo e Chavela Vargas titulado La casa azul de Tyto Alba. O orixinal do achgamento a estas figuras radica en que o protagonista acode á Casa Museo de Frida Khlo en Cidade de México e tópaa pechada, polo que entra nun bar onde atopará unha vella que non será outra que Chavela Vargas, quen rememorará os seus días de xuventude co matrimonio Khalo-Rivera, retratando a vida naquela casa pola que pululaban continuamente grande personaxes daquela época. Ao mesmo tempo, o protagonista interrompe constantemente a narración de Chavela porque os datos non cadran, o que nos transmite asemade a fraxilidade dos recordos e as contradicións nas que incorreu a propia Chavela Vargas no libro Chavela Vargas. Y si quieres saber de mi pasado,
de José C. Valés (Aguilar, 2002). O máis importante, a dor tremenda e constante de Frida e a súa experiencia vital que deixou constancia na súa arte. Por suposto, non estamos a ler unha biografía exacta da xenial pintora, estamos ante un exercicio literario que, coido, acada un bo resultado. No libro prima o sentimento máis que a necesidade de ser fieis á realidade vivida. Pero para iso xa temos biografías e estudos artísticos.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
23/03/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario