Un libro de poemas sobre a violencia de xénero. Unpoemario que nos ofrece a editorial Xerais baixo o nome Dos días escuros de Mª Carme Caramés Gorgal e que de seguro imos utilizar moito e que xa nos ofrece dende o título a suxestión do inhumano, da indefensión das vítimas das violencia, esas que se moven entre as sombras, agochadas e supeditadas polo medo, pola posible e inherente soidade, polo asedio do maltratador. Porque as vítimas viven días escuros e a luz semella non ser posible. Por iso, estamos ante un libro necesario. Necesario porque estamos a ver como na nosa sociedade actural a violencia machista ataca impunemente unha e outra vez. Cantas mortas levamos xa dende que comezou o ano? Unha escrita que testemuña esta dor énos por tanto necesaria, como é necesario seguir educando na igualdade para que deixen de ocorrer estas manifestacións que unha sociedade igualitaria nunca permitiría. Estamos ante a voz do desasosego, da tristura, da soidade. Estamos sostendo unha vítima entre as mans. E con ela queremos dar un paso, berrar forte e berrar que nunca máis sucederá.
O libro preséntase en varias partes, das que prefiro as dúas primeiras e a final. Estas partes son como unha narración que comeza coas conxecturas, coa constatación de que os golpes son feridas verdadeiras do corpo e da alma, ata un final tráxico e veraz que vén sendo o inverno metafórico da vida. Entrementres, sobrevoa a dor por todos e cada un dos poemas, como non podería ser doutro xeito.
Queda claro, pois, que non queda lugar para nada máis que para o terror e o fastío nos versos que nos ocupan. O medo ao maltratador que paraliza, a ausencia de estacións (como ver a primavera?), e a crenza en que as mulleres maltratadas son ignoradas, esquecidas, a sensación estremecedora de que non hai solución posible. Así é un libro que rexistra unha fonda pegada, un ronsel de versos que debemos utilizar como arma.

Primeiro foi a necidade de non asumir os indicios,
despois a covardía de baixar a voz e erguer os cóbados,
logo a catalepsia brutal do medo,
e, sempre,
o satélite orbital da vergoña
despois a covardía de baixar a voz e erguer os cóbados,
logo a catalepsia brutal do medo,
e, sempre,
o satélite orbital da vergoña
Sen comentarios
Publicar un comentario