Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/04/15

Mr Tutti y las 100 gotas de agua



Xa sabedes que me encantan os álbums sen palabras. Así que cando mirei este na libraría, xa me gustou. Pero cando o "lin", namoroume. Mr Tutti y las 100 gotas de agua está publicado por Barbara Fiore e é de Noh In-Hyung: unha metáfora preciosa de todos aqueles obstáculos que os pais deben solventar na educación dos seus fillos, o inmenso amor que os posúe e o feito de que farán o que cumpra por defendelos. Aínda que sexas un enorme elefante torpe coma neste caso, sempre loitarás por aquilo que máis amas: a familia. E é que este elefantón amoroso é un símbolo de todos os pais do mundo reflectido xa no seu nome.
Visualmente, ademais, é un álbum curioso porque o artista baséase no "pixel art", xogando coa atención do lector e da lectora, xa que un xogo que nos ofrece é descubrir aqueles  animais pequenos que están agochados e tamén a posibilidade de contar as gotas de auga que van quedando no cubo.
Que bonito é o amor!
Mr Tutti y las 100 gotas de agua recibiu o BIB Golden Apple Award 2013.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.