Prolingua publicou onte a primeira peza audiovisual da súa iniciativa Por min o galego terá mil primaveras máis coa que lembra, trinta e cinco anos despois, a apoloxía de Álvaro Cunqueiro sobre a lingua galega pronunciada na homenaxe que se lle rendeu en Vigo o 25 de abril de 1980.
"As miñas invencións e as miñas maxias teñen, nembargantes, un senso máis
fondo: por riba e por baixo do que eu fago, eu quixen e quero que a
fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única
posibilidade de que nós duremos como pobo. (…) Se de min algún día,
despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba
na terra nosa, podería dicir a miña lápida: “aquí xace alguén que coa
súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis”
Sen comentarios
Publicar un comentario