Héctor Carré é o autor desta trepidante novela que nos ofrece Xerais: Hai que matalos a todos, un thriller ameno, moi cinematográfico, que nos leva ás escuridades e entramados do poder, aquilo que sucede ás costas da cidadanía -un pouco rocambolesco, quizais, pero ben fiado e entretido-. O libro ofrécenos unha lectura ficcionada sobre as relacións que no estado actual -calquera estado democrático- existen entre xornalismos e poder. Ou sexa, unha reflexión sobre o dereito á verdade, sobre o engano, sobre o anonimato. E asemade, amor e violencia no camiño. Porque neste camiño que percorremos canda os protagonistas, poderemos observar vicios secretos ou delitos de personalidades públicas -que non deben chegar á cidadanía-, chantaxes, tráfico de drogas, ambicións desmedidas, delincuencia urbana e mesmo vidas miserables e/ou miserentas que fan das rúas o seu fogar.
A novela achega unha reportaxe sobre a manipulación que o estado realiza sobre os medios de comunicación. E esta parte é ben verídica sabendo o que está a acontecer actualmente na nosa sociedade. Quizais o que non sexa tan verídico é a acumulación de tantos feitos que o autor decide case superpoñer, caendo ás veces en clixés de personaxes e ideas.
A verdade, cando estaba lendo esta novela víñanme á cabeza filmes como os de "Bourne", pola acción constante que mantén. Pero precisamente por iso a novela gustoume: porque mantén o libro nas mans sen querer deixalo, e iso é un gran mérito. Recoñezo que ás veces pode pasarse con tanta trama e tanto enredo -o do pai xa me pareceu excesivo- pero necesitamos novelas así, que nos leven da man a outra realidade diferente á que vivimos no noso día a día, cumprindo unha das funcións primordiais da Literatura: a de entreter. E abofé que Hai que matalos a todos conségueo. A min, polo menos, agasalloume unha boa fin de semana!
Por certo, o inicio é un marabilloso comezo!

Sen comentarios
Publicar un comentario