Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/05/15

O abecedario


Acabo de recibir este libriño e encantoume. As 23 letras do noso abecedario ilustradas por Óscar Villán. Para aprender, pero tamén para inventar, xogar, mirar, soñar...




Magín Blanco ponlle voz e música a este proxecto posto en marcha pola Mesa e o Concello de Pontevedra. Boísima esta iniciativa  dunha colección de 20 obras que estas dúas entidades poñerán á nosa dispoisción para a transmisión interxeneracional da nosa lingua.
As obras desta colección contarán coa colaboración de ilustradores galegos como Mariña Seoane, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández, Carlos Silvar, David Pintor, Manel Cráneo e Miguel Porto.
Un moi bo exercicio para facer cos cativos é ir pasando as follas deste libro ao tempo que escoitamos a canción do abdecedario:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.