Calquera amante dos libros e da lectura gozará con esta lectura que nos trae na nosa lingua a editorial Rinoceronte: O Parnaso sobre rodas é unha novela deliciosa, tenra, con humor e moi entrañable que nos ofrece
mesmo algunha escena quixotesca na procura do amor á lectura, á natureza
e ao ser humano. Que o final sexa máis ou menos previsible non importa a
ninguén: estamos ante unha lectura gorentosa e apacible que xira
arredor dunha idea: cada libro é unha semente que xermola na necesidade
de máis libros. Cando o estás lendo, só apetece coller un lapis e
subliñar moitas frases que che gustaría lembrar, todas elas relacionada
co bo fomento da lectura.
Que é un bo libro? Un bo libro debe ser simple. E coma Eva, debe
provir dalgún lugar entre a segunda e terceira costela: debe haber un
corazón latendo no seu interior. Unha historia que é só cerebro non vale
moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario