Imparable Agustín Fernández Paz. Así está ultimamente. Volve agora cun libro publicado na colección Sopa de Libros da editorial Xerais, ben acompañado polo número 1 da ilustración Miguelanxo Prado: O segredo da Illa Negra contén dúas historias onde as protagonistas son dúas nenas afoutas, que fan da valentía a súa gran virtude e que axudarán a salvar a quen teñen arredor. Nas dúas historias hai elementos sobrenaturais e ambas teñen tamén en común a loita contra poderes incorpóreos. En ambas, asemade, a liberdade é o eixo das historias. E sobre esa liberdade constrúese a xustiza. Porque sen ela, o ser humano deixa de selo, adormece, ou desaparece. Estas son as metáforas que nos agasalla o Mestre. E o máis importante é que nas dúas historias, serán dúas nenas quen, soas, fagan todo o traballo admirable de conquistar e vencer o Mal. Curiosamente, tanto os inimigos como as amizades que constrúen as historias teñen nome de muller: as buguinas, a Dona das Augas, a Serea, a Néboa Negra...
Unha terá como cooprotagonista natural o Mar. A segunda desenvolverase na Terra, nunha paraxe privilexiada de vales vizosos e cumios altos.
E en ambas o bo sabor de boca para nenos e nenas que gozarán con ese final feliz.
Unha terá como cooprotagonista natural o Mar. A segunda desenvolverase na Terra, nunha paraxe privilexiada de vales vizosos e cumios altos.
E en ambas o bo sabor de boca para nenos e nenas que gozarán con ese final feliz.
Sen comentarios
Publicar un comentario