Internet sen riscos
Que facer para non verte envolt@ nunha situación de Sextorsión:
-
– Pénsao antes de enviar fotos ou vídeos de contido sexual: unha vez saia do teu móbil, escapará do teu control. Ningunha app para enviar fotos é 100% segura!
-
– Evita ter imaxes privadas no teu móbil ou ordenador: Se as perdes ou non as tes ben protexidas, pódenchas publicar.
-
– Se compartes vídeos, chats ou fotos eróticas coa túa parella, reflexiona: pode que esta relación non sexa para toda a vida. Protexe a túa imaxe!
-
– Se envías unha imaxe “hot” a alguén, pensa que aínda que teñas unha gran amizade, ás veces, en quen confiamos, pódennos traizoar.
-
– Se te chantaxean cunha foto túa, pide axuda a unha persoa adulta. Non o deixes pasar!
-
– Se reenvías, chías, comentas, daslle a "gústame" ou calas este tipo de actos, estás a converterte en partícipe da humillación e acoso. Lembra, a vítima está sufrindo!
O máis importante para previr a sextorsión é que todo o mundo practique o seguinte:
-
Se tes fotos íntimas, ou de carácter sexual da túa parella ou dalgunha amizade: NON A COMPARTAS, NON A REENVIES, NON A ENSINES, NON A PUBLIQUES, NON A USES PARA ALARDEAR DOS TEUS LIGUES.
-
Se a compartiron contigo é só para ti. Non só farás dano a esa persoa senón que estarás cometendo un delito.
Practicar sexting non é negativo, o problema está cando alguén te extorsiona cunha foto íntima túa. Por iso se practicas sexting, pensa:
- O que fagas na rede queda na rede, non se trata de que no te divirtas e vivas os teus momentos “hot”, pero toma medidas de precaución tendo en conta o contido da información que compartes e con quen.
- Se envías fotos sexuais mellor que non se che vexa a cara e que non se te poida recoñecer. Se a comparten con outros que non se saiba quen es.
- Se chateas e tes unha relación de carácter sexual, ou envías fotos ou vídeos a alguén que só coñeces vía on line, asegúrate de que son fotos, vídeos e situacións que non che moleste que se publiquen. Non ten por que facelo pero é importante que se te enganan, non teñan material teu co que facerche dano.
- O máis importante para previr o acoso e a extorsión é que, se alguén ten unha foto ou un vídeo teu e ameázate con publicalo, compárteo, cóntallelo a teus pais ou pide máis vídeos e fotos eróticas, NON CEDAS. CORTA E CÓNTAO.
Sen comentarios
Publicar un comentario