Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/06/15

A mellor sopa do mundo


OQO recórdanos con este álbum de Susanna Isern e Mar Ferrero que a calidez da amizade é o que constrúe o alimento da humanidade. Tal se desprende d' A mellor sopa do mundo, un libro que na voz e na vida dos animais do bosque fala dun vínculo persoal que permite compartir o máis elemental e que dá voz á propia existencia da humanidade. As persoas medran rodeadas doutras persoas. É nesa solidariedade onde atopar a satisfacción necesaria para vivir nun mundo en sociedade. Porque un amigo está para escoitar, para rir canda ti, para alegrarse das túas boas novas ou para consolarte cando o necesitas. De aí que os animais do bosque que viven neste libro convivan pacificamente, coa ledicia propia que dá a amizade, e a confianza que nela se deposita. As ilustracións, simpáticas e ledas, amosan o traballo en equipo como un valor necesario.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.