Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/06/15

La historia del pequeño lirón que no podía dormir

Un título longo que describe o argumento deste fermoso álbum que publica Kókinos de Sabine Bohlmann e Kerstin Schoene: La historia del pequeño lirón que no podía dormir é un canto á amizade... e a tentar quedar durmido. Vaia, que o lirón ten o meu mesmo problema! Só que el debe durmir varios meses e cústalle facelo, co conseguinte temor a ser diferente aos demais. Todos os animais procuran auxilialo, pero el permanece imbatible mentres que son eles os que van caendo no sopor... O libro conta con fermosas ilustracións e xoga mesmo coa tipografía, debendo cambiar o álbum de sentido para a súa lectura. Unha lectura que coido será divertida para compartir en algo cos máis pequerrechos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.