Viaxamos ata Chile, porque a publicidade sexista non só é cousa nosa. Para mostra... varios botóns:
Ou o acoso nas rúas
A publicidade é sexita cando amosa o corpo feminino hiper sexualizado e sen personalidade, ou sen face.
Asemade, a publicidade é sexista cando se menciona o feminino como algo negativo ou de menor valor.
Sexismo é infantilizar as mulleres, mostrándoas incapaces de pensar con lóxica nin de manexar as súas emocións. Vaia, que non saben o que queren.
Igualmente, debemos rexeitar aquela publicidade que nos indica que debemos corrixir características propias das mulleres, ou aquela que indica que a muller está para servir aos demais, ou cando son tratadas como obxectos -do desexo masculino-.
E igualmente son sexistas aqueles anuncios onde as mulleres só pensan en problemas estéticos:
Sen comentarios
Publicar un comentario