Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/06/15

O avó de Zulaimar


Eu que me criei sen avós e que me comparo cos meus fillos que si os tiveron sei ben do que falo con este álbum que nos presenta OQO, da importanci dos avós no desenvolvemento dos rapaces e rapazas. E é que a nosa protagonista non ten avó e mira con envexa a seus compañeiros e compañeiras que si o teñen. Esta é a propsota de Juan Carlos Méndez Guédez con ilustracións de Elsa Klever: O avó de Zulaimar. E que facer cando non se ten avó e non cho prestan nin agasallan? Pois inventalo e ser feliz, porque o poder do maxín é tan grande como para iso. E mesmo o avó "pantasma" pode saber a sandía!!!
A portada xa comeza coa tenrura propia do tema: a protagonista mira sorrindo un espazo baleiro que debería ser ocupado polo seu avó. Iso é amor. A soidade non é tal se temos o engado de rexeitala, de crer en nós mesmos e de armarnos contra a tristura dunha ausencia.




"Zulaimar non tiña avó.
Pero todas as amigas tiñan un.
O de María era alto como unha palmeira.
O de Lucía, redondo como unha O.
O de Susana, cos ollos escuros coma o café.
Polas tardes ían con eles ao parque.
Tomaban xeados.
Facían debuxos na area."

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.