Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/06/15

O xardín de Irene


Publica Edicións Embora este libro de poemas infantías de Xosé Neira Vilas coas características ilustracións de Leandro Lamas: O xardín de Irene. Un libro que é todo un xardín rimado cheo de ledicia e esperanza; por alí pasan animais e vexetais que dan vida a calquera xardín e do que podemos sentir a súa vívida experiencia grazas ao asolagamento de luz que agasalla o ilustrador, que destaca pola súa cor e fascinante mestura de ledicia de cores.
Quen non quere posuír un xardín así?

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.