En Thule, este álbum de 2010, de Lynda Gene Rymond e Nicoletta Ceccoli: Óscar y los gatos lunares é un libro moi propio para amantes dos gatos; un gato chamado Óscar é amante de saltar dun lugar a outro e chega ata a mesma lúa, onde hai tamén gatos libres, sen dono. Pero el non quere ser libre, el ama ese neno que o chama. E aí radica a mensaxe principal: que o amor é indestrutible.
O álbum é fermosísimo grazas asemade ás ilustracións, que reflicten un permanente ambiente onírico, con cores utilizadas de tal xeito que semella que o libro conteña texturas diferentes.
Sen comentarios
Publicar un comentario