Fermoso, non, fermosísimo é este álbum sen palabras de Andrea Hengsen e Béatrice Rodríguez que publica Libros del Zorro Rojo: Amigos é un conto sobre a Amizade con maiúsculas. A vida dun neno que cando vai só atopa todo tipo de perigos que o amedrenta, e que ten unha vida en solitario polo que sabemos da súa expresión; pero un día todo cambia grazas a un cadelo que se fai o seu amigo. Iso fará que ata a súa face mude de expresión. Pasan máis cousas tenras que non vos vou contar, claro está. Pero o que aparentemente semella un álbum sinxelo non o é, porque as ilustracións falan por si soas. E darán para reflexionar! Un libro cheo de tenrura e lecturas. Marabilloso!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
27/07/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario