Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/07/15

Animalium

Impresionante este libro que publica Impedimenta en grandísimo formato de Katie Scott e Jenny Broom: Animalium -finalista do National Book Award no Reino Unido e do Premio ao Libro de Ciencia en Alemaña e Austria - é unha viaxe de cor por un museo que vén a ser a árbore da vida. Con cada páxina, subimos a diferentes pólas da evolución para observar diferentes criaturas da natureza, cunhas ilustracións incribles que paran en todo posible detalle, para contarnos detalles científicos imprescindibles. Animais coñecidísimos e outros que non o son tanto pasear polas páxinas dun museo que ademais nos ofrece todo tipo de parentesco posible entre eles. Un álbum para todas as idades. Un musero de historia natural que agora podemos ter ben preto para entrar sen pagar entrada cando nos veña en gana.
É moito máis ca un álbum ilustrado e moito máis ca unha enciclopedia. Imposible non namorar del.





«Animalium», de Katie Scott y Jenny Broom from Editorial Impedimenta on Vimeo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.