Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/07/15

Barcelona

Kalandraka vén de publicar este libro sen texto de David Pintor que nos ofrece a súa particular visión de Barcelona e que leva por título, sinxelamente, Barcelona. Pasear Barcelona -como xa fixera con Santiago de Compostela ou con Lisboa- da man dun ilustrador que sente a cidade como propia, o mar e as gaivotas como protagonistas, e a obra de Gaudí como dominio absoluto da paisaxe. Unha Barcelona que a min, particularmente, fáiseme máis apetecible coa súa alcaldesa. Así que mentres, soñamos coas láminas deste ilustrador que tamén se deixou conquistar por unha cidade que presente unha cor e unha universalidade diferente.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.