Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/07/15

Joven para siempre (Forever young)

O 17 de xaneiro de 1974 publícase Planet Waves, onde se atopa unha canción que Bob Dylan dedica ao seu fillo, Forever Young. 
A editorial Blume publica este álbum ilustrado por Paul Rogers con esta letra, Joven para siempre (Forever young), e nel atopamos os escenarios cotiás da vida de Bob Dylan, como o el Greenwich Village e Washington Square, ou o Festival Folk de Newport. No libro tamén atopamos personaxes das cancións protagonistas de Dylan como son Martin Luther King, Joan Baez, Pete Seeger, Albert Grossman ou os seus compañeiros de The Band. Outras ilustracións agochan algún misterio!
Non cómpre ser fan de Dylan para achegarse a este libro. Pero se o es, non o dubides.

“Que se cumplan tus deseos. Que puedas ver la verdad. Que tengas fuerza y coraje. Que siempre suene tu canción. Que el tiempo te haga justo. Que tus cimientos sean fuertes. Alza una escalera hasta las estrellas y sube cada peldaño. Ten el corazón siempre alegre. Permanece siempre joven, siempre joven, siempre joven.”




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.