A editorial Periférica publica Lo que escucha la lluvia de Francisco Solano. Non estamos ante unha lectura lixeira, senón todo o contrario: sentar a ler este libro precia de momentos intensos, lentos, deixando que o calor que nos abafa este verán escorregue para permitir unha concentración necesaria. As palabras do libro flúen discretamente, paseniñamente, cara a un só fin. E con elas, nese discorrer discreto, o lector asegura unha lectura contundente, sen pausas, sen dilación, sen diálogo. Un monólogo constante dunha voz que interpela ao lector/a, que fala da memoria, que xoga coa nosa proximidade, que se amosa xoguetona porque nos ensina e nos tapa a súa realidade. Porque verdade e mentira son caras da mesma moeda. Así é a ficción, a Literatura. A Palabra.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
18/07/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario