Desta volta, a colaboración inesperada vén dunha das miñas mellores alumnas deste curso. Cristina Costela de 3º de ESO forma parte do club de lectura. Comezou o seu verán lector con este libro que nos quere recomendar: Sandra ama a Meike de Marliese Arold, publicado por Lóguez.
Sandra ama a Meike é un libro que trata sobre a homosexualidade, e é un libro moi
realista.
Este libro
enganchoume dende o momento en que lin a primeira páxina; nel, a amiga de
Sandra e a demais xente esperan que Sandra se namore de Thomas e empecen unha
relación, pero Sandra só o ve como un amigo, máis cando coñece a Meike e comeza
a estar confusa, non sabe se se namorou de Meike, daquela ollada... Pouco a pouco
fóronse coñecendo e Sandra tiña ganas de estar con ela, de vela… entón deuse
conta de que descubrira outra forma de amar. Meike confesoulle que lle gustaban
as mulleres e Sandra díxolle que tamén, polo que comezaron unha relación.
Sandra saía
mais con Meike que coa súa amiga, á quen non lle dixera nada, polo que se
foron distanciando.
Sandra tiña
medo de contalo, de se o aceptarían, de como a ían tratar... pero un día
contoullo a súa amiga e ela enfadouse e díxolle que lle comeran a cabeza, que o
que tiña era unha enfermidade.
Eu non o vexo así, cada un é libre de decidir a
quen quere amar e de que maneira, que máis dá que che gusten os homes ou as mulleres,
o principal é ser feliz cunha persoa que
te trate ben, independentemente do seu sexo; se eu tivese algún amigo ou amiga homosexual
aceptaríao e defenderíao, porque tamén hai que ter valor para dicilo nesta
sociedade, que aínda non acepta isto. Debemos cambiar esa visión con libros
coma este.
Recoméndollo a
todo o mundo, un libro fácil de ler e que che fai ver que a homosexualidade non
é nada malo, senón outra forma de amar.
Sen comentarios
Publicar un comentario