Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/08/15

Crímenes ejemplares

Libros del Zorro Rojo recupera os textos de Max Aub para publicar xunto coas ilustracións de Liniers este libro vermello e negro titulado Crímenes ejemplares, compendio de testemuños anónimos, disparatados dentro do razoable, que resultan motivos xustificables para cometer asasinatos. A verdade é que non resulta unha lectura ben agradable, só de pensalo! Tanto no texto como na ilustración impera unha liberdade absoluta; chama a atención as ilustracións dun ilustrador que sabe dialogar á perfección cos textos, moi lonxe do seu "Macanudo" onde a inxenuidade é case unha característica única; aquí sobresae a violencia e os trazos rápidos veñen marcados por ela, coiteladas bicrómicas que non deixan opción á ningún tipo de ensoñación. Humor negro, por tanto, para un libro reescrito durante anos onde o grotesco é o protagonista esencial: «Siempre que pude evité la monotonía, que es otro crimen». Ademais, esta edición inclúe as seccións De suicidios», «De gastronomía» e «Epitafios».

Lo maté porque me dolía la cabeza. Y él venga hablar, sin parar, sin descanso, de cosas que me tenían completamente sin cuidado. La verdad, aunque me hubiesen importado. Antes miré mi reloj seis veces, descaradamente: no hizo caso. Creo que es un atenuante muy de tenerse en cuenta. 



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.