Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/08/15

Cuentos mínimos

Pep Bruno converte chíos en contos... ou non.  En todo caso, Anaya publica na súa "Sopa de Libros" Cuentos mínimos con ilustracións de Goyo Rodríguez. Son chíos porque conteñen 140 caracteres. E porque foron publicados nesta rede social inicialmente, cando aínda non sabían que formarían parte dun libro físico. Nel toparemos suspense, argumentos coñecidos, argumentos cambiados, personificacións de obxectos, superheores que non o parecen... de todo un pouco. Pero eu destacaría aquí o labor do ilustrador, un labor que remite ao mundo dos soños, que mestura o onírico o real, que sabe amosar o que as palabras non din ou o que suxiren debido á súa pouca extensión. 
Suxestivas palabras e suxestivas imaxes. Realmente, un libro precioso.



"El abuelo pidió que sus cenizas fueran esparcidas por la casa. Desde entonces nos da no-sé-qué barrer o limpiar. Fue su mejor regalo " .

“Fui a la tienda a cambiar la bombilla. Me garantizaron que la nueva funcionaba correctamente. Pero sigo sin ideas brillantes”.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.