Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/08/15

La historia de por qué los perros tienen el hocico húmedo

Kenneth Steven e Øyvind Torseter  (re)crean en La historia de por qué los perros tienen el hocico húmedo publicado por Barbara Fiore un divertido diluvio universal. Unha antiga lenda norueguesa narra como cando o mundo viña de nacer, comezou a chover, de tal xeito que non paraba nunca e a terra asolagábase; así, un home de nome Noé construíu unha gran arca de madeira e nela meteu canta criatura puido e atopou, grandes e peguenas, asquerosas ou non. Iso si, sempre coa súa parella! Pero deuse o caso de que alí había un cadeliño só, un can palleiro, vaia, e el só logrou a salvación de todas as especies que alí había, incluída a humana. Non vos digo como!







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.