Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/08/15

No puedo dormir

Stein Erik Lunde e Oyvind Torseter son os autores de No puedo dormir que publica Barbara Fiore. Fermoso libro sobre a perda, a morte.  O álbum comeza coa pena afastada, un pai e un fillo que sofren individulmente a tristura, a soidade, ata que o rapaz procura unha aperta paterna para falar da vida cotiá, da vida, da morte. O pai arroupa o insomnio coas súas verbas para tentar comprender un mundo cruel que tamén é fermoso, de cando en vez. A perda é insubstituíble, pero o amor sempre gaña; isto é o que nos di o libro, gañador dun premio en Noruega por ser o mellor álbum do ano.
Chaman a atención as ilustracións que combinan fotografía e escultura en papel, creando case unha paxinación en 3D con salpicaduras de cor que ademais cóntanos o que ocorre no exterior da morada, unha loita paralela entre paxaros e raposo que simboliza a loita emocional dos habitantes da casa.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.