Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/08/15

Palabras manzana

Anaya na súa Sopa de Libros publica Palabras manzana de Jorge Luján con ilustracións de Manuel Marín. Precioso libro de poemas que acae nas cousas pequenas, aquelas que vemos cando paramos un intre e repousamos a vista nos universos máis concretos que semellan menos importantes, e así facernos sentir novas propostas. Novos escenarios para construír ou reinterpretar, para artellar suxestións novas. Poemas para ler en voz alta, para canturrear, para escoitar, para descifrar, para xogar. Semella un libro infantil, pero non o é tanto. Xoguemos cos caligramas, coas palabras ou coa súa simple disposición, como as posibilidades de colocación das letras. As ilustracións xogan coa xeometría para construír figuras e imaxes que se engaden ás imaxes dos poemas. Ou aos poemas mesmos, xa que eles tamén son imaxes.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.