Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/08/15

Y esto, ¿qué es?

Publica Libros del Zorro Rojo este álbum de Jürg Schubiger con ilustracións de Wolf Erlbruch: Y esto, ¿qué es? , un libro de preguntas e respostas onde destaca o absurdo e a imaxinación. As cuestións que se plantexan son estrañas, irónicas, que confiren ao texto un sorriso contumaz que permanece durante toda a lectura e na que xogan tamén as ilustracións, tan vivas e irreverentes. Semella que nunca unha pregunta pode quedar sen resposta, e este é o xogo que nos propón o libro: responder a todo sen contestar a nada, xogando coa poesía, a rima, as solucións sinxelas ou aquelas que permanecen abertas.

-Y esto, ¿qué es?
-Un hada.
-¿Dónde está sentada?
-En el País de la Nada.
Vive en el bosque con un oso
y de noche se basa en un pozo.
Es pálida y tiene una buena melena.
Cuando canta, suena como una serena.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.