Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/09/15

Nos vemos allá arriba

Premio Goncourt 2013, Nos vemos allá arriba de Pierre Lemaitre está publicado por Salamandra. Poderiamos pensar que estamos ante OUTRA novela sobre a Primeira Guerra Mundial, pero teño que dicir que este libro sorprende moi agradablemente. A pesar de presentarnos un dos protagonistas "malo" absoluto, de folletín (guapo, irresistible, calculador, sen escrúpulo de ningúnt tipo), o libro está perfectamente resolto e resulta impecable -con unha parte de submundo de drogas e miserias-, non hai eses lugares comúns aburridos nin ragañas polas que a historia puidese decaer; ao contrario, o dinamismo exerce unha profesionalidade auténtica na que hai cabida para a crítica ás guerras e ás súas consecuencias. O autor loce unha novela que atrapa, na que odiaremos e sentiremos canda os personaxes, sen temor a facelos nosos.
Avanzamos as páxinas sabedores de que imos estar ás portas dalgunha traxedia, temerosos de que o mal venza novamente, desexosos de que haxa unha boa lea para algunhas situacións límite... De todo hai neste libro que vos recomendo. Tanto, que unha parte da historia ata é real.
Moi recomendable.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.