Real como a vida mesma. Si, tan
real que é demoledor. O cancro, unha enfermidade terminal, e como
enfrontarse a el. Non só por parte do enfermo, senón que a autora demora
en contarnos como a vive a xente que rodea a un enfermo terminal. A
ira, o cansazo, a impotencia, o desarraigo, a amizade, o amor...
Helen Garner transmite en O cuarto de invitados , libro que vén de publicar a editorial Rinoceronte, a soidade, a profundidade da desolación que o ser humano sente ante a morte, a crenza irracional de calquera milagre custe o que custe, a tensión que a enfermidade terminal pode provocar na amizade, na familia, en calquera persoa. A negación da realidade por unha parte, e a forte sacudida da ira pola outra son, quizais, os elementos máis sobresalientes desta tremenda novela, comprometida por si soa coa realidade e a verdade máis furibunda.
Non sei se a Amizade está por riba de todo. Lida esta obra semella que si. Que por riba de pequenas frustracións, malentendidos, enfados e desenganos están o humor e a entrega, envolvendo todo nun nobelo que fala tan só dunha palabra: aprecio, e a devoción que este conleva.
Inmensamente recomendábel. Inmensamente tenra. Inmensamente real. Inmensa.

Sen comentarios
Publicar un comentario