Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/09/15

O paseo do elefante



Lata de Sal na súa colección Vintage recupera este álbum de Hirotaka Nakano, O paseo do elefante, publicado en 1968. Un álbum que destila felicidade nunha historia moi, moi sinxela: podedes pensar nun hipopótamo e nun crocodilo subidos a un elefante? Pois aquí os tedes! Pero claro, todo ten un límite. Cores suaves para animais delicados. Un día de paseo agradable.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.