Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/10/15

A besta na xungla

Contar coa editorial Hugin e Munin é sabermos que teremos un monllo de bos libros na nosa lingua. Agora un exemplo máis: A besta na xungla de Henry James. Non estamos ante unha lectura doada, ollo!.
O noso protagonista está absolutamente convencido de que esa "besta na xungla" estao agardadando, gañando terreo a medida que pasa o tempo -e as páxinas- e que o futuro está escrito por ela. Así que o que podería ser unha historia de amor non pode selo, esperando precisamente ese prodixio futuro. O autor realiza unha análise dos sentimentos e da relacións que establecen estes que é un pequeno prodixio da brevidade e concisión; en realidade, isto é o que domina o relato, xa que pasar, non pasa gran cousa. Todos e todas, lectores e lectoras, mesmo o e a protagonista, agarda a esa suposta "besta", pero non a vemos nin cando rematou a lectura. Ela é unha salvadora... de que? De aí que leamos unha novela basicamente intelectual, sen acción; de aí que falemos dunha lectura difícil.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.