Precioso libro para primeiros lectores polo colorido intenso das súas páxinas, o relato acumulativo -en sentido ascendente e descendente- e polo xogo mnemotécnico: A escada vermella de Fernando Pérez Hernando está publicado por Kalandraka. Ademais de estarmos antes este xogo de avances e retrocesos, podemos observar cos máis peques o tamaño dos obxectos, as distancias... e o humor, que tamén é importante. Como o é a confianza nun mesmo, última lección deste libriño que nos presenta un coello espilido e un paxaro inxenuo. Será o coello quen resolva un problema que en principio nin sequera debería existir. Porque desde o comezo preguntámonos por que o paxaro non fai uso dos seus propios dotes naturais temendo que podemos estar ante un caso de deficiencia cando ocorre todo o contrario: non coñecernos a nós mesmos é o último que nos pode pasar.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
10/10/15
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
Muchas gracias! Qué bonita esa última frase que dices!
Gracias a ti por ese precioso libro. Unha aperta.
Publicar un comentario