Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/10/15

A lúa de Xoán

A editorial Kalandraka non para de nos dar alegrías. Desta volta, recupera un tenrísimo álbum de Carme Solé Vendrell, dúas veces Premio Nacional de Ilustración, e quen tiven a sorte de coñecer nun cursiño hai poucos anos en Compostela.  O título que hoxe nos trae ata aquí e A lúa de Xoán, que foi escrito alá polo 1982. Un álbum que fala de emocións, e estas véñennos dadas polo texto e polas ilustracións, conxunto harmónico e indivisible, que transmiten un espírito de loita ante o medo e a incerteza, a incerteza da enfermidade ou da morte, a soidade e a perda. Demostrado está que de todo isto se pode falar coas crianzas, e unha vez máis queda patente neste álbum que nos deixa unha lúa redonda, chea e expresiva. Esa lúa que, debo confesalo, é tamén ás veces a miña confidente. A miña e a de case toda a humanidade!
Hai algo máis fermoso que unha lúa que te acompañe ao fondo do mar???






Powered by Issuu
Publish for Free

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.